Artículo 2. Concepto de grupo de interés.
1. Tienen la consideración de grupo de interés las personas físicas y jurídicas y las agrupaciones sin personalidad jurídica, incluidas las plataformas, foros, redes u otras formas de actividad colectiva, tanto si actúan por cuenta propia
como ajena, con independencia de la forma que adopten o de su estatuto jurídico, y que lleven a cabo actividades de influencia sobre el personal público definido en el artículo 3, con la intención de lograr un beneficio económico, lucro o mejora
legislativa que favorezca la situación económica o patrimonial de la persona interlocutora o de sus representantes o asociados.
2. No tienen la consideración de grupo de interés:
a) Las Administraciones Públicas y su sector público institucional.
b) Los organismos y las organizaciones públicas internacionales y las autoridades públicas extranjeras, incluidas las misiones diplomáticas y embajadas, excepto cuando dichas autoridades estén representadas por entidades jurídicas, oficinas
o redes sin estatuto diplomático, o por un intermediario.
c) Los partidos políticos y las organizaciones sindicales y empresariales en el ejercicio de sus funciones constitucionales, sin perjuicio de que puedan tener la consideración de grupo de interés las entidades creadas o financiadas por los
mismos.
d) Los colegios profesionales y demás corporaciones de derecho público cuando realicen funciones públicas, sin perjuicio de que puedan tener la consideración de grupo de interés cuando no realicen este tipo de funciones.
e) Las asociaciones, entidades sin personalidad jurídica, entidades sin ánimo de lucro, plataformas o cualquier otra entidad que, sin ánimo de beneficiarse individualmente o conseguir una mejora patrimonial, tenga por finalidad la defensa de
intereses colectivos, derechos sociales o el bien común.
Artigo 2. Concepto de grupo de interese.
1. Teñen a consideración de grupo de interese as persoas físicas e xurídicas e as agrupacións sen personalidade xurídica, incluídas as plataformas, foros, redes ou outras formas de actividade colectiva, tanto se actúan por conta propia
como allea, con independencia da forma que adopten ou do seu estatuto xurídico, e que leven a cabo actividades de influencia sobre o persoal público definido no artigo 3, coa intención de lograr un beneficio económico, un lucro ou unha
mellora lexislativa que favoreza a súa situación económica ou patrimonial da persoa interlocutora ou dos seus representados ou asociados.
2. Non teñen a consideración de grupo de interese:
a) As Administracións Públicas e o seu sector público institucional.
b) Os organismos e as organizacións públicas internacionais e as autoridades públicas estranxeiras, incluídas as misións diplomáticas e embaixadas, excepto cando ditas autoridades estean representadas por entidades xurídicas, oficinas ou
redes sen estatuto diplomático, ou por un intermediario.
c) Os partidos políticos e as organizacións sindicais e empresariais no exercicio das súas funcións constitucionais, sen prexuízo de que poidan ter a consideración de grupo de interese as entidades creadas ou financiadas polos mesmos.
d) Os colexios profesionais e demais corporacións de dereito público cando realicen funcións públicas, sen prexuízo de que poidan ter a consideración de grupo de interese cando non realicen este tipo de funcións.
e) As asociacións, entidades sen personalidade xurídica, entidades sen ánimo de lucro, plataformas ou calquera outra entidade que sen intención de beneficiarse individualmente ou lograr unha mellora patrimonial teñan por finalidade a defensa
de intereses colectivos, dereitos sociais ou o ben común.