Treinta y ocho. Se añade el capítulo XI con la redacción siguiente:
«CAPÍTULO XI
Comercio de derechos de emisión para edificios, transporte por carretera y sectores adicionales
Artículo 61 bis. Personas y actividades cautivas del CO2.
Para los efectos de esta Ley, se considerarán personas y actividades cautivas del CO2 aquellas que, soportando de forma directa o repercutida el coste derivado de la entrega de derechos de emisión en el régimen previsto en el capítulo XI,
carezcan, en el momento de aplicación del coste, de una alternativa técnica y económicamente viable y accesible que les permita sustituir el combustible fósil o reducir significativamente sus emisiones. Se presume, salvo prueba en contrario, la
condición de cautividad del CO2 en los siguientes supuestos:
a) Explotaciones agrarias y ganaderas cuya actividad dependa de maquinaria o de servicios logísticos de transporte para los que no exista oferta comercial de vehículos o equipos de emisiones cero o bajas adecuada
a sus necesidades; en particular, las explotaciones de producción láctea respecto a la recogida y transporte de la leche mediante cisterna.
b) Personas y hogares residentes en municipios o entidades de población rurales, aisladas o de baja densidad, según la clasificación oficial vigente, en los que no exista una alternativa adecuada de transporte público colectivo para los
desplazamientos cotidianos al trabajo, a la educación, a la sanidad o a los servicios básicos.
c) Personas y hogares que utilicen combustibles fósiles para la calefacción o el agua caliente sanitaria de su vivienda habitual cuando no dispongan de acceso a redes de calor renovables ni de medios para sustituir su instalación por
tecnologías de bajas emisiones.
La condición de persona o actividad cautiva del CO2 dará derecho a las medidas de compensación y protección previstas en los artículos siguientes y en la disposición adicional [nueva], moduladas de acuerdo con los criterios de renta
establecidos en esta Ley, y se mantendrá mientras no se acredite la existencia de una alternativa técnica y económicamente viable y accesible. Las administraciones competentes, en el ámbito de sus respectivas competencias, identificarán y
mantendrán actualizados los colectivos y ámbitos territoriales en situación de cautividad del CO2, y revisarán periódicamente su delimitación a la luz de la evolución tecnológica y de la disponibilidad efectiva de alternativas.»
Trinta e oito. Engádese o capítulo XI coa redacción seguinte:
«CAPÍTULO XI
Comercio de dereitos de emisión para edificios, transporte por estrada e sectores adicionais
Artigo 61 bis. Persoas e actividades cautivas do CO2.
Para os efectos desta Lei, terán a consideración de persoas e actividades cautivas do CO2 aquelas que, soportando de forma directa ou repercutida o custo derivado da entrega de dereitos de emisión no réxime previsto no capítulo XI, carezan,
no momento de aplicación do custo, de alternativa técnica e economicamente viábel e accesíbel que lles permita substituír o combustíbel fósil ou reducir significativamente as súas emisións.Presúmese, salvo proba en contrario, a condición de
cautividade do CO2 nos seguintes supostos:
a) Explotacións agrarias e gandeiras cuxa actividade dependa de maquinaria ou de servizos loxísticos de transporte para os que non exista oferta comercial de vehículos ou equipos de cero ou baixas emisións adecuada ás súas necesidades; en
particular, as explotacións de produción láctea respecto da recollida e transporte do leite mediante cisterna.
b) Persoas e fogares residentes en concellos ou entidades de poboación rurais, illadas ou de baixa densidade, segundo a clasificación oficial vixente, nas que non exista unha alternativa adecuada de transporte público colectivo para os
desprazamentos cotiáns ao traballo, á educación, á sanidade ou aos servizos básicos.
c) Persoas e fogares que utilicen combustíbeis fósiles para a calefacción ou a auga quente sanitaria da súa vivenda habitual cando non dispoñan de acceso a redes de calor renovábeis nin de medios para substituír a súa instalación por
tecnoloxías de baixa emisión.
A condición de persoa ou actividade cautiva do CO2 dará dereito ás medidas de compensación e protección previstas nos artigos seguintes e na disposición adicional [nova], moduladas de acordo cos criterios de renda estabelecidos nesta Lei, e
manterase en tanto non se acredite a existencia dunha alternativa técnica e economicamente viábel e accesíbel.As administracións competentes, no ámbito das súas respectivas competencias, identificarán e manterán actualizados os colectivos e ámbitos
territoriais en situación de cautividade do CO2, e revisarán periodicamente a súa delimitación á luz da evolución tecnolóxica e da dispoñibilidade efectiva de alternativas.»